Saltar ao contido

Zúñiga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Zúñiga
 Nome orixinal
    Zuñiga, Ezteuinaga (eu)   Editar o valor en Wikidata
 Nome oficial
    Zúñiga (es) dende 1993  Editar o valor en Wikidata
 Xentilicio
zuñigar (eu)  
zuñigués (es)  
zuñiguesa (es)   Editar o valor en Wikidata
Imaxe do escudo de armas
Imaxe
 Instancia de
 Parte de
Implicados
 Xefe do goberno
Localización
 Situado en
 Continente
 Capital
Zúñiga (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Comparte fronteira con
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
333 (1900) censo
344 (1910) censo
359 (1920) censo
383 (1930) censo
327 (1940) censo
317 (1950) censo
284 (1960) censo
204 (1970) censo
145 (1981) censo
99 (1991) censo
130 (1996) rexistro civil
126 (1998) rexistro civil
118 (1999) rexistro civil
114 (2000) rexistro civil
111 (2001) rexistro civil
162 (2002) rexistro civil
183 (2004) rexistro civil
178 (2005) rexistro civil
181 (2006) rexistro civil
157 (2007) rexistro civil
135 (2008) rexistro civil
127 (2009) rexistro civil
120 (2010) rexistro civil
109 (2011) rexistro civil
108 (2012) rexistro civil
132 (2013) rexistro civil
104 (2014) rexistro civil
116 (2015) rexistro civil
110 (2016) rexistro civil
108 (2017) rexistro civil
112 (2018) rexistro civil
109 (2019) rexistro civil
99 (2020) rexistro civil
78 (2021) rexistro civil
74 (2022) rexistro civil
89 (2023) rexistro civil
82 (2024) rexistro civil
78 (2025) rexistro civil Editar o valor en Wikidata
 Poboación feminina
   40 (2019) Editar o valor en Wikidata
 Poboación masculina
   69 (2019) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   11,86 km² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   575 m Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Código postal31284 Editar o valor en Wikidata
Código INE31265 Editar o valor en Wikidata
OpenStreetMap343427 Editar o valor en Wikidata
VIAF316734750 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/08d72k Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
BNE: XX460540
Wikidata C:Commons

Zúñiga (Zuñiga en éuscaro), é un concello de Navarra, que forma parte da comarca de Tierra Estella. Encóntrase a 71 km de Pamplona.

Xentilicio

[editar | editar a fonte]

Zuñigués (en éuscaro, Zuñigarra). Os habitantes de Zúñiga tamén reciben o alcume de cachuelos, que é o nome dun peixe que se cría nas augas do río Ega.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Vila do val da Solana, no Meiriñado de Estella. Atópase situado no extremo occidental da comarca estellesa, formando parte da depresión de Tierra Estella. O concello limita ao norte pola ladeira de Santiago de Lóquiz e ao sur polo río Ega e a Serra de Codés.

Cos distintos nomes de Estunega, Buztunica, Estuniga, Stunica, Estúñiga, Stúñiga, formou parte ata 1200 da terra de Campezo. Sancho Iñiguez, Señor do Estado e Val de Estunega (en éuscaro significa Estune, estreito, e Ega é o nome do río que pasa polo lugar), Arminguero do rei de Navarra e Aragón Sancho V Ramirez, e sexto neto do rei de Navarra Fortún Garcús "o Monxe", comezou polo 1080 a chamarse Sancho Iñiguez de Stunica.

A raíz da guerra civil que estalou en Navarra en 1274 e durou ata o 1277, debido á querela pola titoría da raíña nena Xoana I e ao seu compromiso matrimonial con Filipe IV de Francia "o Fermoso". Isto significaba a incorporación de Navarra á Coroa de Francia, polo que abandona Navarra Iñigo Ortiz de Stunica, Rico-home, Alférez Maior de Navarra, señor de Stunica, e outros lugares, quinto neto do rei de Navarra García V Ramírez "o Restaurador" e establécese na Rioxa, Castela. Zúñiga é nomeada vila de reguengo e incorporada en 1278 á Coroa de Navarra.

Despois de asinar o tratado de amizade e axuda entre os reis de Castela Henrique III "O Doente" e de Navarra Carlos III "o Bo", que se asinou o 21 de xuño de 1394, o rei Carlos III restituíu a Diego López de Estúñiga, Xustiza Maior de Castela e do Consello do Rei, o 31 de xullo de 1394 o señorío de Estúñiga (o seu solar) e o señorío de Mendavia en recompensa. Desde 1430 ata 1450 o señorío pasou a Carlos e Luis de Beaumont, obtendo a condición de boa vila con asento nas Cortes do reino en 1482.

Álvaro de Stunica y Guzmán, duque I de Béjar e Plasencia, parente maior da Casa de Stunica / Estúñiga, castelanizou o apelido en Zúñiga, logo do pacto de reconciliación coa raíña Isabel I "a Católica", asinado en 1476. Desde entón empregouse o nome de Zúñiga por persoas e cidades dos Reinos de España.

Administración

[editar | editar a fonte]

Está integrado na Mancomunidade de Montejurra e na Agrupación de Municipios de Lana, Piedramillera, Zúñiga, Mues e Sorlada. Pertence ao partido xudicial de Estella.

Demografía

[editar | editar a fonte]
Cantidade de poboaciónAno50100150200250300350400189019201950198020102040ZúñigaEstatísticas de poboaciónNota: Este gráfico xerouse automaticamente a partir de datos recollidos de Wikidata. Se precisa cambiar ou actualizar algún dos datos, fágao no propio Wikidata.

Monumentos

[editar | editar a fonte]
  • Igrexa de Santa María, edificio tardogótico do século XVI.
  • Ermida de Nuestra Señora de Arquijas, edificio gótico da primeira metade do século XIII.
  • Ermida da Beata Sis, con imaxe renacentista da titular.
  • Restos dunha muralla medieval.

As festas patronais celebranse a última semana de xuño e a primeira de xullo.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Menéndez y Pidal, Ramón (1981). Historia de España. Madrid, Editorial Espasa-Calpe. ISBN 84-239-4800-5. 
  • Villar y Pascual, Luis (1864). Diccionario histórico genealógico y heráldico de las familias ilustres de la monarquía española. Madrid. 

Outros artigos

[editar | editar a fonte]