Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
Grego .
Pobo grego
Nome orixinal
Έλληνες (el)
Ἕλληνες (grc)
Xentilicio
grec (ro)
Έλληνας (el)
يونانيون (ar)
grec (fr)
greco (it)
Greek (en)
greacă (ro)
Instancia de
Subclase de
Epónimo
Lingua materna
Lingua usada
Relixión
Poboación
20.000.000
Wikidata C:Commons
Os gregos , tamén chamados helenos [ 14] (en grego : Έλληνες ), son unha nación e un grupo étnico orixinario de Grecia , Chipre e algunhas outras rexións da contorna do mar Exeo . Tamén constitúen unha diáspora significativa, con comunidades gregas estabelecidas arredor do mundo.[ 15]
A dispersión dos gregos no século VI a.C.
Na antigüidade , os gregos organizábanse politicamente en cidades estado , e alí orixinouse o concepto de democracia . Estabelecéronse colonias e comunidades gregas ó longo da historia en moitos recunchos do Mediterráneo , malia que o groso da nación sempre se centrou arredor do mar Exeo , onde se fala a lingua grega dende a Grecia antiga .[ 16] No século IV a.C , a expansión territorial máis importante dos gregos levou ó helenismo até Asia Central e a India , e despois da caída do Imperio Romano , Bizancio mantivo a cultura grega no Mediterráneo oriental até 1453. Baixo o Imperio Otomán e até o comezo do século XX , os gregos estaban instalados uniformemente entre a actual Grecia , a costa occidental de Anatolia , o Mar Negro , Exipto , Chipre e Constantinopla ; en xeral, estas rexións coinciden coas fronteiras do Imperio Bizantino a finais do século XI , e tamén coa zona de colonización grega na antigüidade do Mediterráneo oriental.[ 17]
Despois da Guerra Greco-Turca (1919-1922) , un masivo intercambio de poboacións entre Grecia e Turquía (1923) deixou case toda a poboación etnicamente grega confinada dentro das novas fronteiras de Grecia e Chipre (illa daquela integrada no Imperio británico ). A nova Grecia constituíuse a partir do 1822 como un estado nación típico da época, liberado do Imperio Otomán . Outras poboacións menores de gregos étnicos pódense atopar actualmente dende o sur de Italia e o sur de Albania até no Cáucaso , e tamén nas comunidades da diáspora en moitos outros países. Actualmente, a maioría dos gregos pertencen formalmente á Igrexa Ortodoxa Grega.[ 18]
Pódenselles atribuír ós gregos contribucións moi notables en diversos eidos da cultura universal ó longo de toda a Historia (as artes , a literatura , a filosofía , a política , a música, as matemáticas , a ciencia , a arquitectura , a tecnoloxía , as exploracións , a cociña e o deporte ).
↑ Eurfedling.org Arquivado 15 de xaneiro de 2021 en Wayback Machine . Os principais grupos étnicos eran: gregos 93,76%, albaneses 4,32%, búlgaros 0,39%, romaneses 0,23%, ucraínos 0,18%, paquistaníes 0,14%, rusos 0,12%, xeorxianos 0,12%, indios 0,09% e outros 0,65%(en inglés )
↑ United States Census Bureau 2009 (ed.). "Total dels que declaren tenir ancestres grecs" (en inglés) . Arquivado dende o orixinal o 12 de febreiro de 2020. Consultado o 12 de setembro de 2015 .
↑ United States Department of State, ed. (agosto de 2009). "Greece (08/09)" (en inglés) . Consultado o 1/11/2009 .
↑ CIA.gov (ed.). "2008 estimate" (en inglés) . Arquivado dende o orixinal o 26/12/2018. Consultado o 7/1/2009 .
↑ Duff, Oliver (3 de abril 2008). "It's All Greek to Boris" . The Independent (en inglés) . Londres. Consultado o 1/10/2009 .
↑ Censusdata.abs.gov.au (ed.). "2006 Census Table: Australia" (en inglés) . Consultado o 24/12/2008 . [Ligazón morta ]
↑ Hellenic Ministry of Foreign Affairs, General Secretary for Greeks Abroad (ed.). "General Diaspora Information" (en inglés) . Arquivado dende o orixinal o 12 de outubro de 2004. Consultado o 2004 .
↑ Federal Statistical Office of Germany (ed.). "Foreign Population" (en alemán) . Arquivado dende o orixinal o 12/02/2012. Consultado o 18/1/2009 .
↑ "Ethnic origins, 2006 counts, for Canada, provinces and territories" . Statistics Canada (en inglés) . Arquivado dende o orixinal o 06/01/2019. Consultado o 13/4/2008 .
↑ Jeffries, Ian (25 de xuño 1993). Eastern Europe at the end of the 20th century (en inlgés) . Books.google.com. p. pàx. 69. ISBN 9780415236713 . Consultado o 27/8/2010 .
↑ Demoscope Weekly (ed.). "Ethnic groups in Russia, 2002 census," (en ruso) . Consultado o 5/2/2009 .
↑ "Russia population census 2002, Vol. 4, Table 1." (en ruso) . Arquivado dende o orixinal o 05/08/2012. Consultado o 5/2/2009 .
↑ State Statistics Committee of Ukraine (ed.). "2001 census" (en ucraína) . Arquivado dende o orixinal o 23/03/2008. Consultado o 13/4/2008 .
↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para heleno .
↑ Roberts, J.M. (2004). The New Penguin History of the World . Penguin. pp. 171 –172, 222. ISBN 9780141030425 .
↑ The Greeks: Encyclopedia Britannica . USA: Encyclopedia Britannica Inc. 2008. Online Edition.
↑ Beaton, R. (1996). The Medieval Greek Romance . Routledge. pp. 1 –25. ISBN 0415120322 .
↑ CIA World Factbook sobre Grecia: gregos ortodoxos 98%, gregos musulmáns 1,3%, outros 0,7%.
Encyclopedia Britannica (en inglés) . Estados Unidos: Encyclopedia Britannica Inc. 2008. Online Edition.
The Columbia Encyclopedia (en inglés) . Estados Unidos: Columbia University Press. 2008. Online Edition.
Pocket World in Figures (Economist) (en inglés) . Londres: Economist Books. 2006. ISBN 1-86197-825-1 .
Diáspora
Relixión
Comercio