Saltar ao contido

Moldova

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Non confundir co Río Moldova, romanés, afluente do Río Siret.
Non confundir co Río Moldava ou Vltava, checo, afluente do Río Elba.
Moldova
 Nome orixinal
    Moldova (ro)   Editar o valor en Wikidata
 Nome oficial
Република Молдова (mo)  
Republiken Moldavien (sv)  
Republica Moldova (ro)  
República da Moldova (pt)   Editar o valor en Wikidata
 Xentilicio
moldáv (hu)  
moldava (vec)  
moldave (vec)  
moldavi (vec)  
moldavo (vec)  
Moldave (fr)  
moldavu (ast)  
moldava (ast)  
moldave (it)  
moldovan (lfn)  
moldavi (it)  
moldavo (eo)  
مولدوڤية (ary)  
Moldauerin (de)  
Moldauerinnen (de)  
Moldovaer (de-ch)  
مولدوڤي (ary)  
Moldauer (de)  
مولدوڤيات (ary)  
Moldóvach (ga)  
مولدوڤيين (ary)  
Moldovaerin (de-ch)  
moldava (it)  
মলদোভীয় (bn)  
مُلْدَاوِيٌّ (ar)  
مُلْدَاوِيَّةٌ (ar)  
مُلْدَاوِيُّونَ (ar)  
moldau (ca)  
Moldavänan (vo)  
Moldovan (en)  
Moldovano (io)  
Moldavian (en)  
moldavo (it)  
moldava (ca)  
молдаванин (ru)  
moldoveni (ro)  
moldovean (ro)  
moldoveancă (ro)  
moldaus (ca)  
מולדובית (he)  
молдаване (ru)  
מולדובי (he)  
молдаванка (ru)  
Moldovaerinnen (de-ch)   Editar o valor en Wikidata
Imaxe do emblema
Imaxe do escudo de armas
Imaxe da bandeira
Imaxe
 Parte de
 Epónimo
 Texto lema
Discover the routes of life
Dewch i Ddarganfod Taith Bywyd Editar o valor en Wikidata
 Himno
Características
 Cultura
 Lingua
 Lingua oficial
 Forma de goberno
 Economía
 Moeda
Implicados
 Xefe de estado
Cargo: presidente de Moldova Editar o valor en Wikidata
Maia Sandu (2020 - )
Vladimir Voronin (2001 - 2009)
Petru Lucinschi (1997 - 2001)
Nicolae Timofti (2012 - 2016)
Igor Dodon (2016 - 2020)
Mircea Snegur (1990 - 1997) Editar o valor en Wikidata
 Xefe do goberno
Cargo: Primeiro ministro de Moldova Editar o valor en Wikidata
Vasile Tofan (2026 - )
Maia Sandu (2019 - 2019)
Pavel Filip (2016 - 2019)
Ion Chicu (pt) Traducir (2019 - 2020)
Natalia Gavrilița (2021 - 2023)
Aureliu Ciocoi (pt) Traducir (2020 - 2021)
Dorin Recean (2023 - 2025)
Natalia Gherman (pt) Traducir (2015 - 2015)
Vlad Filat (pt) Traducir (2009 - 2013)
Iurie Leancă (2013 - 2015)
Gheorghe Brega (pt) Traducir (2015 - 2016)
Valeriu Streleț (2015 - 2015)
Chiril Gaburici (pt) Traducir (2015 - 2015)
Alexandru Munteanu (2025 - 2026) Editar o valor en Wikidata
 Órgano lexislativo
Datas
 Fundación / creación
27 de agosto de 1991 Editar o valor en Wikidata
 Día festivo
Historia
 Historia
 Precedido por
 Substitúe
Localización
 Publicado en
 País
 Xeografía
 Situado na entidade xeográfica
 Continente
 Capital
 Comparte fronteira con
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
2.884.477 (1959) censo
3.568.873 (1970) censo
4.335.360 (1989) censo
3.938.679 (2004) censo
2.998.235 (2014) censo
2.550.900 (2017) estimación
2.681.735 (2019) estimación
2.603.813 (2022) estimación
3.599.528 (2024) estimación
2.409.207 (2024) censo Editar o valor en Wikidata
 Poboación feminina
1.271.864 (2024)
1.397.819 (2019)
1.383.296 (2020)
1.363.630 (2021)
1.330.111 (2022) Editar o valor en Wikidata
 Poboación masculina
1.137.343 (2024)
1.266.405 (2019)
1.251.834 (2020)
1.232.180 (2021)
1.208.783 (2022) Editar o valor en Wikidata
 Poboación rural
1.525.908 (2019)
1.506.003 (2020)
1.479.663 (2021)
1.442.777 (2022) Editar o valor en Wikidata
 Poboación urbana
1.138.316 (2019)
1.129.127 (2020)
1.116.146 (2021)
1.096.117 (2022) Editar o valor en Wikidata
 Índice desenvolvemento humano
0,767 (2021)
0,653 (1990)
0,644 (1991)
0,632 (1992)
0,634 (1993)
0,614 (1994)
0,618 (1995)
0,617 (1996)
0,626 (1997)
0,628 (1998)
0,631 (1999)
0,641 (2000)
0,652 (2001)
0,663 (2002)
0,674 (2003)
0,685 (2004)
0,695 (2005)
0,704 (2006)
0,713 (2007)
0,723 (2008)
0,723 (2009)
0,73 (2010)
0,736 (2011)
0,741 (2012)
0,746 (2013)
0,75 (2014)
0,749 (2015)
0,756 (2016)
0,765 (2017)
0,768 (2018)
0,774 (2019)
0,766 (2020) Editar o valor en Wikidata
 Índice desenvolvemento humano desigualdade
0,711 (2021)
0,659 (2010)
0,668 (2011)
0,677 (2012)
0,683 (2013)
0,691 (2014)
0,691 (2015)
0,698 (2016)
0,706 (2017)
0,71 (2018)
0,716 (2019)
0,71 (2020) Editar o valor en Wikidata
 Taxa desemprego
   3 % (2014) Editar o valor en Wikidata
 Taxa nataliade
12,894 (2019)
12,481 (2020)
12,432 (2021)
12,148 (2022) Editar o valor en Wikidata
 Taxa mortandade
13,089 (2019)
14,445 (2020)
16,36 (2021)
16,609 (2022) Editar o valor en Wikidata
 PIB nominal
13.692.230.147 $ (2021)
14.420.947.884 $ (2022) Editar o valor en Wikidata
 Taxa imposto sobre valor engadido
   20 % Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   33.843,5 km² Editar o valor en Wikidata
 Punto máis alto
   430 m Monte Bălănești Editar o valor en Wikidata
 Punto máis baixo
   2 m Río Dnister Editar o valor en Wikidata
 Esperanza de vida
66,852 a
70,961 a
70,577 a
70,117 a
69,616 a
71,258 a
71,61 a
71,468 a
70 a
71 a
69 a
69,119 a
68,302 a
67,362 a
67,185 a
67,006 a
68,671 a
67,521 a
67,82 a
67,665 a
68,022 a
69 a Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
OpenStreetMap58974 Editar o valor en Wikidata
VIAF152364951 Editar o valor en Wikidata
TasteAtlasmoldova Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/04w4s Editar o valor en Wikidata
MeSHD008966 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
 Prefixo telefónico
+373 Editar o valor en Wikidata
 Teléfono de emerxencia
 Dominio
Enciclopedia Galega Universal: 203673
Wikidata G:Commons C:Commons

Moldova[1][2][3] ou República Moldova,[4][5] (en romanés: Republica Moldova) é un país sen saída ó mar da Europa do Leste, que limita con Romanía polo Oeste e con Ucraína polo Leste. Foi unha das repúblicas constituíntes da Unión Soviética ata 1991.

Toponimia

[editar | editar a fonte]

O nome deriva do río Moldova. Antes da decisión do Seminario de Lexicografía da RAG[6] tamén era común en galego a forma Moldavia.[1][7][8][9][10][11][12][13][14][15]

Na súa historia, Moldova está fortemente vencellada a Romanía. O territorio da actual Moldova foi habitado na Antigüidade polos dacios. Emprazada sobre unha ruta estratéxica entre Asia e Europa, Moldova foi vítima de numerosas invasións, incluíndo o Principado de Kíiv e os mongois.

A fins da Idade Media a Moldova comprendía todo o territorio poboado maioritariamente por romaneses emprazado entre os Montes Cárpatos ó oeste e o río Nistru ó leste. No século XIV tendo por núcleo a Bucovina constituíuse o principado de Moldova que foi invadido e ocupado polos turcos en 1512, a familia de "beŷs" (especie) de "vicerreis" apelidada Besarab ó servizo da chamada "Sublime Porta" (Imperio Otomán) deu o nome ó sector de Moldova emprazado ó nordeste do río Codrii, así xurdiu a provincia de Besarabia, que incluía case a totalidade da actual República Moldova aínda que tamén algúns distritos cara ó sur (que tras 1947 pasaron a Ucraína), deste modo se conformou a parte oriental do principado de Moldova. Este volveuse tributario do Imperio Otomán tendo como límite oriental o Xedisán e setentrional a Podolia, aínda que en 1812 o Tratado de Bucarest transferiu Besarabia a Rusia como un dos "Principados Danubianos". A parte occidental de Moldova converteuse máis tarde en parte de Romanía. A Guerra de Crimea fixo retroceder as fronteiras rusas na rexión, aínda que a Besarabia (cuxo territorio é o que constitúe xunto á Transnistria a maior parte da actual república de Moldova) mantívose baixo control ruso.

Trala Revolución Rusa de 1917, Besarabia foi rapidamente convertida nunha república independente en 1918, pero uniuse a Romanía ese mesmo ano, quedando só a pequena franxa da Transnistria dentro da URSS. O pacto Molotov-Ribbentrop permitiu á Unión Soviética tomar Besarabia en xuño de 1940 e, a pesar de seren expulsadas novamente en 1941 trala Operación Barbavermella, as tropas soviéticas reocuparon a área en agosto de 1944. Baixo o goberno soviético as rexións do norte e o sur habitadas por ucraínos e romaneses foron transferidas a Ucraína e Transnistria (cunha importante poboación rusa) uniuse co resto nun mesmo estado chamado "República Soviética Socialista de Moldova", a cal ocupaba o actual territorio da República Moldova.

Cando a Unión Soviética desapareceu, en agosto de 1991, Moldova proclamouse independente converténdose en membro da Comunidade de Estados Independentes en decembro dese mesmo ano, ó igual cá maioría das anteriores repúblicas soviéticas. Nun principio houbo un movemento pro-reunificación con Romanía, pero un referendo en marzo de 1994 recibiu unha enorme maioría de votos a favor da conservación da independencia.

Ese mesmo ano, a nova Constitución de Moldova, en vistas de acomodar ás minorías rusa, ucraína e gagauza, recoñece a creación das súas propias entidades territoriais dentro da estrutura nacional da República Moldova, permitindo a creación de organismos lexislativos propios, goberno e competencias lingüísticas. Do mesmo modo, permitíase para estes territorios a secesión se Moldova se unise a Romanía.

As eleccións presidenciais de 1996 resultaron propicias para os agrarios e os socialistas, principais partidos da esquerda moldova, e Petro Lucinschi foi nomeado Presidente da República, cun 54 por cento dos votos. Dende o principio do seu mandato, Lucinschi tratou de soluciona-lo problema, xa endémico, de Transnistria, achegando posicións coa Federación Rusa. Así a todo, as conversas entre os nacionalistas de Transnistria e os representantes da República de Moldova continúan sendo intermitentes e pouco produtivas, pese ó amplo grao de autonomía que o Estado moldovo outorgou a este territorio.

As eleccións lexislativas celebradas en 1998 estiveron caracterizadas pola soidade en que quedou o partido gañador, o Partido Comunista da República de Moldova, que non puido formar goberno. Boa parte dos partidos restantes da cámara uníronse en torno ó Bloque para unha Moldova Próspera e á Convención Democrática, formando un goberno de coalición.

A falta de acordos, a crispación política e o fracaso á hora de elixir un novo Presidente da República, provocaron a convocatoria de eleccións anticipadas para o 25 de abril de 2001. O Partido Comunista, con Vladimir Voronin e Vasile Tarlev á cabeza, obtivo unha importante vitoria electoral, conseguindo a metade dos votos emitidos, e obtendo a maioría absoluta na cámara. Voronin converteuse en Presidente da República de Moldova, e Tarlev en Primeiro Ministro. O partido comezou un amplo proceso de reformas económicas e sociais para favorece-la súa entrada na Unión Europea. Os esforzos do goberno tamén se orientaron na creación de emprego. O distanciamento de Moldova con respecto á Federación Rusa foi, no entanto, un crecente problema no asunto de Transnistria.

Os comunistas revalidaron a maioría absoluta nas eleccións de marzo de 2005, aínda que reduciron o seu número de representantes na cámara de 70 a 56.

Goberno e política

[editar | editar a fonte]

O Parlamento unicameral moldovo ten 101 asentos e os seus membros son electos a través do sufraxio popular por catro anos. O Parlamento logo elixe ó presidente, quen exerce como xefe de Estado. O presidente nomea a un primeiro ministro como xefe de goberno, quen á súa vez confecciona un gabinete, ambos os sometidos á aprobación do Parlamento. Na actualidade o cargo de presidente ocúpao Maia Sandu e o de primeiro ministro Alexandru Munteanu.

División territorial

[editar | editar a fonte]
División administrativa de Moldova.

Dende 2003 (mediante unha Lei aprobada o 19 de marzo de 2003), Moldova está dividida en 32 distritos (raion, en plural raioane), 3 municipios (Chișinău, Bălți e Tighina), e dúas rexións semi-autónomas (Găgăuzia e Transnistria).

Demografía

[editar | editar a fonte]

A poboación de Moldova alcanza os 4,4 millóns (2006), e está decrecendo a un ritmo do 0,12 % anual. A maioría da poboación pertence á etnia romanesa (80 %), seguida por unha importante colectividade de rusos (7 %), ucraínos (7 %), alemáns, turcos, búlgaros e serbios que constitúen o resto da poboación. Os habitantes concéntranse nas chairas, onde están os centros industriais e desenvólvese a agricultura a grande escala.

O 72,2 % dos moldovos vive nas cidades, o que representa unha da proporcións máis baixas de Europa só superada por algúns dos seus veciños balcánicos. As principais cidades do país son Chisinau, a capital, con 1 millón de habitantes.

Moldova é un estado sen relixión oficial, aínda que máis do 70 % da poboación adscríbese á Igrexa ortodoxa romanesa. Tamén hai cantidades significativas de católicos protestantes (4 % da poboación) ou grupos pentecostais. Segundo o censo de 2002, tamén vivían no país 23.105 ateos e arrelixiosos e 6100 xudeus.

A romanés, co nome de moldovo, é a lingua oficial do país. Séguenlle en importancia o húngaro e o romaní, falados polas poboacións desas etnias. O francés é falado por un significativo número de persoas (entre 1 e 2 millóns), e Moldova é membro da Francofonía.

Economía

[editar | editar a fonte]
Billete de 1000 leus moldovos (anverso).
Artigo principal: Economía de Moldova.

A economía moldova, tradicionalmente agrícola, comezou, en consonancia co resto de territorios da Unión Soviética, un acelerado proceso de industrialización, especialmente alimentario (viño e azucre refinado). A produción de refrixeradores, confección, materiais de construción e maquinaria agrícola é tamén significativa.

A moeda en Moldova é o leu moldovo.

A agricultura, sendo aínda un importante motor económico, perdeu peso, a raíz da acelerada industrialización. Con todo, conseguiu florecer de novo ante a crise do seu sector industrial. Máis da metade da poboación activa da República de Moldova dedícase á agricultura.

A produción agrícola moldova é variada: xirasol, tabaco, cereais, vide, hortalizas, remolacha azucreira e pataca. A gandería é pouco significativa, e é principalmente bovina e porcina, ademais da cría de aves de curral.

Existe en Moldova petróleo, aínda que en pouca cantidade, e extráese sal dalgunhas minas. É unha das ex-repúblicas soviéticas máis pobres en recursos do subsolo explotados.

Como sucedeu no resto das antigas repúblicas que formaron a Unión Soviética, a economía moldova sufriu un forte retroceso tras a independencia. O conflito da República de Moldova coa zona rebelde de Trans-Dniéster ou Transnistria agravou aínda máis a situación.

Con respecto ao comercio exterior, en 2013, Rusia concentrou o 26% das exportacións moldovas seguido por Romanía (17%), Italia (7%), e Ucraína (5%). Por outra parte, tamén en 2013, Rusia subministrou a Moldova o 14% das súas importacións, seguido por Romanía (13%), Ucraína (12%), e China (8%).[17]

  1. 1 2 Rodríguez, Anaír; Davila Ventura, Montserrat (2004). Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). UVigo, Servizo de Publicacións. p. 110, 118 e 130. ISBN 84-8158-266-2. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 05/04/2016. Consultado o 28/8/2019. Nótese, nesta publicación, a convivencia das dúas formas: "Moldova" e "Moldavia"
  2. crtvg.es, ed. (1 de xuño de 2023). "Telexornal Serán "Pedro Sánchez reúnese cos líderes europeos en Moldova"". Consultado o 28 de outubro de 2024.
  3. crtvg.es, ed. (23 de xuño de 2022). "Telexornal Serán 15:18 Os xefes de Goberno dos 27 deciden entre hoxe e mañá se aceptan a candidatura de Ucraína e Moldova para entrar na Unión Europea". Consultado o 28 de outubro de 2024.
  4. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para moldovo, moldova.
  5. g24.gal, ed. (8 de marzo de 2022). "Así son en galego os nomes das principais vilas e cidades de Ucraína". Consultado o 28 de outubro de 2024.
  6. "O Seminario de Onomástica aproba a adaptación dos nomes da capital e doutras cidades ucraínas". Real Academia Galega. 8 de marzo de 2022.
  7. Sanmartín, Goretti, ed. (2012). Criterios para o uso da lingua (PDF). Universidade da Coruña, Servizo de Normalización Lingüística. p. 131. ISBN 978-84-9749-504-2.
  8. "Entrada moldavo en Digalego". Ir Indo. Consultado o 5/2/2018.
  9. Diccionario enciclopédico galego universal
  10. Diciopedia do século 21.
  11. Enciclopedia Galega Universal.
  12. Atlas de Galicia e de España. Grupo Anaya.
  13. Atlas xeográfico e histórico de Galicia e do Mundo. Edicións do Cumio.
  14. Faginas Souto, Sandra; et al. (2002). "galego-topónimos". Libro de estilo de La Voz de Galicia (PDF) (1ª ed.). p. 178. ISBN 84-9757-065-0. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 06 de novembro de 2016. Consultado o 22 de decembro de 2019.
  15. Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8. A forma "Moldova" non aparece en ningún artigo; a forma "Moldavia" aparece nos artigos: "COSERIU, Eugenio", "FRAGA, Conchita" e "VÁZQUEZ ARIAS, Fernando".
  16. Territorio de status político non definido.
  17. CIA (2014). "Moldova". The World Factbook (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 07 de xaneiro de 2019. Consultado o 20 de xullo de 2014.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  1. A Real Academia Galega acordou informar favorablemente e apoiar como correctas as solucións lingüísticas ofrecidas no Atlas de Galicia e de España do Grupo Anaya, tanto no que se refiere ó tratamento da toponimia galega, como no que se refiere á adaptación dos topónimos foráneos á lingua galega [sic].

Outros artigos

[editar | editar a fonte]