173,42 km² 173,44 km² 173,45 km² 173,46 km² 173,47 km² 173,49 km² 173,46 km² 173,46 km² 173,47 km² 173,49 km² 173,45 km² 173,48 km² 173,46 km² 173,48 km² 173,47 km² 173,46 km²
Fundada en 1715 coma o Pazo de Karlsruhe, arredor da cidade construíronse dous dos máis altos tribunais en Alemaña, o Tribunal Constitucional Federal (Bundesverfassungsgericht) cuxas decisións teñen forza de lei, e o Tribunal Federal de Xustiza (Bundesgerichtshof), o máis alto tribunal de apelacións en materia de dereito civil e dereito penal. Polo tanto é considerada o berce da xustiza en Alemaña.
A cidade foi fundada en 1715 polo Markgraf (marques) Carlos Guillerme de Baden-Durlach, converténdose en 1806 na residencia do Gran Ducado de Baden no marco da Confederación do Rin. En 1918, coa Revolución de Novembro a cidade convértese en capital do estado libre de Baden, perdendo o seu estatuto de cidade libre tralo final da segunda guerra mundial en 1945 Karlsruhe perde o seu estatuto de cidade libre.
En 1950 instálase en Karlsruhe a corte de casación da RFA e é incorporada ao novo estado de Baden-Württemberg en 1952. En 1977, o fiscal federal xeral Siegfried Buback é asasinado pola Fracción do Exército Vermello na cidade.
A cidade conta con varios centros de educación superior: Universidade de Karlsruhe (TH), Hochschule für Musik Karlsruhe, HS Karlsruhe, PH Karlsruhe, Hochschule für Gesltaltung Karlsruhe (HfG) e Akademie der Künste Karlsruhe (AKKA). Destaca tamén o Federal Research Institute of Nutrition and Food Max Rubner.