Saltar ao contido

Alcublas

Alcublas
 Nome orixinal
    Alcublas (es)   Editar o valor en Wikidata
 Nome oficial
    Alcublas (es)   Editar o valor en Wikidata
 Xentilicio
alcublana (ca)  
alcublà (ca)   Editar o valor en Wikidata
Imaxe do escudo de armas
Vista no inverno
Imaxe
 Instancia de
Características
 Lingua oficial
Implicados
 Xefe do goberno
Localización
 Situado en
 Continente
 Capital
 Comparte fronteira con
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
846 (2001) rexistro civil
835 (2002) rexistro civil
794 (2004) rexistro civil
796 (2005) rexistro civil
795 (2006) rexistro civil
829 (2007) rexistro civil
842 (2008) rexistro civil
818 (2009) rexistro civil
778 (2010) rexistro civil
807 (2011) rexistro civil
767 (2012) rexistro civil
743 (2013) rexistro civil
750 (2014) rexistro civil
727 (2015) rexistro civil
691 (2016) rexistro civil
678 (2017) rexistro civil
654 (2018) rexistro civil
628 (2019) rexistro civil
611 (2020) rexistro civil
610 (2021) rexistro civil
607 (2022) rexistro civil
635 (2023) rexistro civil
683 (2024) rexistro civil
710 (2025) rexistro civil Editar o valor en Wikidata
 Poboación feminina
   290 (2019) Editar o valor en Wikidata
 Poboación masculina
   338 (2019) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   43,5 km² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   774 m Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Código postal46172 Editar o valor en Wikidata
Código INE46018 Editar o valor en Wikidata
OpenStreetMap346360 Editar o valor en Wikidata
VIAF316734074 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/02qcns7 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
BNE: XX4575633
Wikidata C:Commons

Alcublas (en valenciano Les Alcubles) é un municipio da Comunidade Valenciana. Pertencente á provincia de Valencia, na comarca de Serrans.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Municipio situado na vertente sur da zona montañosa de ligazón entre a Serra Calderona e a Serra de Andilla, que separa as concas do Turia e o Palancia. O relevo do termo non é moi accidentado, caracterizándose pola existencia de "cuncas" e chairas rodeadas de cerros de mediana elevación. Esta característica permitiu a instalación dun aeródromo no Chairo da Balsa, en 1936. As principais alturas son Pedroso (878 m), Los Molinos (904 m), Verdinal (614 m) e La Solana (1.123 m).

O termo carece de correntes fluviais importantes, sendo a única a destacar a rambla de Alcublas, que logo dá orixe á rambla de Artaix. Na parte sur do termo hai montes cubertos de piñeirais; no resto hai pastos e monte baixo (romeu, espliego etc).

A vila está na cabeceira da rambla de Alcublas, nunha ampla "cunca" rodeada por varios cerros, moi próxima ao linde con Andilla. Accédese a esta localidade, dende Valencia, tomando a CV-35 ata enlazar coa CV-339 e logo continuar pola CV-245.

O termo municipal de Alcublas limita coas localidades de Andilla e Llíria pertencentes á provincia de Valencia, e Sacañet, Jérica e Altura na provincia de Castelló.

Demografía

[editar | editar a fonte]
Evolución demográfica
19901992199419961998200020022004200520072008
914859858837857854835794796829842

Economía

[editar | editar a fonte]

Existen dentro do termo terreos dedicados a diversos cultivos: viñedos, cereais, oliveiras, amendoeiras e figueiras. O viño e o aceite son as principais producións. Pola abundancia de plantas aromáticas hai gran dedicación apícola, así como de obtención de esencia de espliego.

Patrimonio

[editar | editar a fonte]
  • Concello. Edificio do século XVII.
  • Los Molinos. Muíños onde antigamente se moía o gran, foron recentemente restaurados. Dende a montaña onde están situados pódese apreciar unha bela panorámica do pobo.

Festividades

[editar | editar a fonte]
  • Santo Antón Abade. Celébranse estas festas o 17 de xaneiro.
  • Romaría á Cova Santa. O primeiro sábado de maio ten lugar a romaría ao Santuario da Virxe da Cova Santa, distante 13 km do pobo, facendo a viaxe de ida e volta a pé gran número de romeus.
  • Festas en honra á Virxe da Saúde. Celébranse en agosto, normalmente entre a terceira e cuarta fin de semana do mes.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]