A súa orixe vén do ano 2007 cando Justin Kan[1] e Emmet Shear fundaron Justin.tv. A categoría de videoxogos desta páxina creceu especialmente rápido e converteuse no contido máis popular do sitio. O 6 de xuño de 2011, Justin.tv lanza Twitch.tv como un subproduto beta enfocado aos deportes electrónicos. O nome inspirouse no termo "twitch gameplay", expresión en inglés para a xogabilidade por reflexos ou de 'contracción') que se usa para referirse ao tempo de reacción dos xogadores.[2]
O 25 de agosto do 2014 anunciouse que Amazon.com comprou Twitch Interactive por $970 millóns[3]. As fontes informaron de que o trato con Google fracasou debido a probable infracción o Dereito da competencia grazas a súa actual propiedade, YouTube.[4]
Twitch deseñouse como unha plataforma para dar cobertura os deportes electrónicos en tempo real. Isto inclúe aos torneos de esports, streams persoais de xogadores individuais e shows que falan de contigo principalmente relacionado cos videoxogos. Actualmente son moitos e moi diversos os tipos de contidos que se realizan na plataforma.