A marca Teflon® engloba ademais outras resinas derivadas do PTFE, tales como a resina PFA ( perfluoroalcóxido), a resina FEP ( etileno propileno fluorado ) e a resina ETFE ( etil tri flúor etileno ).
A principal virtude deste material é que é unha substancia practicamente inerte, non reacciona con outras substancias químicas excepto en situacións moi especiais. Isto débese basicamente á protección dos átomos de flúor sobre a cadea carbónica. Esta carencia de reactividade permite que a súa toxicidade sexa practicamente nula sendo, tamén, o material co terceiro máis baixo coeficiente de rozamento de todos os materiais sólidos coñecidos. Outra cualidade característica é a súa impermeabilidade mantendo, por tanto, as súas cualidades en ambientes húmidos. Por estas características especiais, alén da baixa adherencia e aceptabilidade óptima polo corpo humano, é usado en diversos tipos de próteses.