Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente.
Tbilisi
Nome orixinal
თბილისი (ka)
Nome oficial
Тбилиси (bg) dende 1936 Тбилиси (ru) dende 1936 Тбілісі (uk) dende 1936 თბილისი (ka) Тифліс (uk) ata 1936 Тифлис (bg) ata 1936 Tiflis (az) ata 1936 Тыфліс (be) ata 1936 Թիֆլիս (hy) ata 1936 Тифлис (ru) ata 1936 Тыфліс (be-tarask) ata 1936
Este artigo amosa letras xeorxianas. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.
Tbilisi[1] (transliterado do xeorxiano:თბილისი,[tʰb̥ilisi](AFI),escoitar), antigamente Tiflis, é a capital e a maior cidade de Xeorxia. Localízase no centro do país, no Cáucaso, nas marxes do río Kura. Segundo datos de 2005 a cidade ten 1.093.000 habitantes e a área metropolitana 1.300.000. Fundouna o rei Vakhtang I Gorgasali no século V e foi a capital da Xeorxia a partir do século VI d.C.
A cidade ten máis de 1.345.000 habitantes e unha superficie de 726km².
Tiflis é un importante centro industrial, social e cultural. A cidade é unha importante ruta de tránsito da enerxía global e o comercio. Localizada estratexicamente entre Europa e Asia e antigamente situada na Ruta da Seda, Tiflis foi a miúdo un punto clave nas relacións de imperios rivais. A historia da cidade pode ser vista pola súa arquitectura onde a avenida Rustaveli , deseñada polo barón Haussmann, e o centro están mesturados coas estreitas rúas do distrito medieval de Narikala.
A demografía da cidade é diversa e historicamente foi fogar de xente de diferentes etnias, relixión e cultura. A pesar de ser maioritario o número de cristiáns ortodoxos, Tiflis é un dos poucos lugares no mundo onde unha sinagoga e unha mesquita están próximas a unha da outra, no antigo distrito de Abanotubani a varios metros da igrexa de Metekhi. Recentemente, Tiflis foi coñecida pola pacífica Revolución das rosas, que tivo lugar na praza da Liberdade e lugares próximos. A consecuencia diso, o entón presidente, Eduard Shevardnadze, foi desprazado do poder.
A cidade conta cun aeroporto internacional. Os seus principais lugares turísticos son a catedral de Sameba, a praza da Liberdade, a catedral de Sioni, Metekhi, Narikala, o Parlamento de Xeorxia, a avenida Rustaveli, o Teatro da Ópera e o Ballet, a basílica de Anchiskhati, a montaña de Mtatsminda e a igrexa de Kashveti, preto da cal atópanse o Museo Nacional, o Museo Histórico e numerosas galerías de arte. A cidade foi inmortalizada polos pintores Niko Pirosmani e Lado Gudiashvili.