Saltar ao contido

Sgs1

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Sgs1, tamén chamada supresor do crecemento lento 1,[1] é unha proteína ADN helicase que se atopa no lévedo Saccharomyces cerevisiae. É un homólogo da helicase bacteriana RecQ. Igual que outros membros da familia da helicase RecQ, Sgs1 é importante para a reparación do ADN. En concreto, Sgs1 colabora con outras proteínas para reparar as roturas de dobre febra durante a recombinación homóloga en eucariotas.[2]

Un modelo actual de recombinación meiótica, iniciada por unha rotura de dobre febra ou oco, seguido do apareamento cun cromosoma homólogo e invasión da febra para iniciar o proceso de reparación recombinacional. A reparación do oco pode orixinar que as rexións flanqueantes se sobrecrucen (CO, crosing-over) ou non se sobrecrucen (NCO). A recombinación CO (con sobrecruzamento) pénsase que ocorre polo modelo da unión de Holliday dobre (DHJ, Double Holliday Junction), ilustrado arriba á dereita. Os recombinantes NCO (que non se sobrecruzan) pénsase que se producen principalmente polo modelo do annealing de febra dependente de síntese (SDSA, Synthesis Dependent Strand Annealing), ilustrado arriba á esquerda. A maioría dos eventos de recombinación parecen ser do tipo SDSA.

A helicase Sgs1(BLM) é un ortólogo da proteína da síndrome de Bloom humana. Parece ser un regulador central da maioría dos eventos de recombinación que ocorren durante a meiose de S. cerevisiae.[3] Durante a meiose normal Sgs1(BLM) é responsable de dirixir a recombinación cara á formación alternada de recombinantes sen sobrecruzamento (NCO) temperáns ou ben de moléculas unidas por unión de Holliday, sendo esta última resolta como sobrecruzamentos (CO) (ver Figura).[3] Os diversos papeis de Sgs1 na recombinación meiótica foron revisados por Klein e Symington.[4] Primariamente, Sgs1 despraza o intermediario de invasión da febra que inicia a recombinación, facilitando así a recombinación sen sobrecruzamento ou NCO (ver recombinación homóloga e proteína da síndrome de Bloom).

Sgs1 tamén ten un papel nunha vía que leva á formación de recombinantes con sobrecruzamento (CO). Sgs1 xunto con EXO1 e o heterodímero MLH1-MLH3 (MutL gamma) definen a vía de resolución dunha molécula unida que produce a maioría dos sobrecruzamentos no lévedo de xemación, e por inferencia, en mamíferos.[5]

  1. Gangloff, S; et al. (decembro de 1994). "The yeast type I topoisomerase Top3 interacts with Sgs1, a DNA helicase homolog: a potential eukaryotic reverse gyrase". Molecular and Cellular Biology 14 (12): 8391–8398. PMC 359378. PMID 7969174. doi:10.1128/mcb.14.12.8391.
  2. Mimitou, EP; Symington, LS (9 de outubro de 2008). "Sae2, Exo1 and Sgs1 collaborate in DNA double-strand break processing". Nature 455 (7214): 770–774. Bibcode:2008Natur.455..770M. PMC 3818707. PMID 18806779. doi:10.1038/nature07312.
  3. 1 2 De Muyt A, Jessop L, Kolar E, Sourirajan A, Chen J, Dayani Y, Lichten M (2012). "BLM helicase ortholog Sgs1 is a central regulator of meiotic recombination intermediate metabolism". Mol. Cell 46 (1): 43–53. PMC 3328772. PMID 22500736. doi:10.1016/j.molcel.2012.02.020.
  4. Klein HL, Symington LS (2012). "Sgs1--the maestro of recombination". Cell 149 (2): 257–9. PMID 22500794. doi:10.1016/j.cell.2012.03.020.
  5. Zakharyevich K, Tang S, Ma Y, Hunter N (2012). "Delineation of joint molecule resolution pathways in meiosis identifies a crossover-specific resolvase". Cell 149 (2): 334–47. PMC 3377385. PMID 22500800. doi:10.1016/j.cell.2012.03.023.