Siméon ou Timeone Riro ʻa Kāinga Rokoroko He Tau, nado en Mataveri (Illa de Pascua) en data descoñecida e finado en Valparaíso no ano 1898 ou 1899, foi o derradeiro ‘ariki (rei) de Rapa Nui (a Illa de Pascua) dende 1892 até a súa morte. Gobernou a illa durante un breve período de autonomía indíxena entre a anexión inicial de Chile en 1888 e a reafirmación do país da autoridade colonial en 1896. Riro morreu inesperadamente durante unha viaxe diplomática a Chile para discutir a soberanía da illa coas autoridades coloniais, o que levou a sospeitar que foi envelenado.
En 2006, a presidenta chilena Michelle Bachelet retornou os restos de Riro á Illa de Pascua, onde se erixiu un busto na súa honra. O seu neto, Valentino Riroroko Tuki, proclamouse rei tradicional da illa en 2011.
A Wikipedia é unha enciclopedia universal en liña multilingüe, colaborativa e gratuíta. O propósito da Wikipedia é fornecer un contido libre, obxectivo e verificable que todas as persoas poidan editar e mellorar.
O proxecto está baseado en cinco principios básicos, todo o contido está dispoñible baixo a licenza Creative Commons BY-SA e pode ser copiado e reutilizado baixo esta mesma licenza.
De acordo coas nosas estatísticas, temos un total de 170468 contas de usuario rexistradas na Galipedia, e entre elas 488 estiveron activas durante o último mes. Todas as persoas que editan a Galipedia son voluntarias, integrando unha comunidade colaborativa e coordinando os esforzos por medio de proxectos temáticos e diversos espazos de conversa.