Saltar ao contido

Pablo Insua

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaPablo Insua

(2014) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento9 de setembro de 1993 Editar o valor en Wikidata (32 anos)
Arzúa Editar o valor en Wikidata
Altura183 cm Editar o valor en Wikidata
Peso80 Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2012 Editar o valor en Wikidata -
Nacionalidade deportivaEspaña Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
LigaFußball-Bundesliga Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDefensa Editar o valor en Wikidata
Número deportivo28 Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de eventos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2010–2012   Deportivo Fabril 60(0)
2012–2015   Deportivo da Coruña 80(3)
2015– cesión:    Club Deportivo Leganés
2017–2018 FC Schalke 04
2022–   Sporting de Gijón
  Selección nacional Número de eventos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2012–2012   España sub-19 5(0)
2012–2013   España sub-20 4(0)

Pablo Insua Blanco, nado en Arzúa o 9 de setembro de 1993, é un futbolista galego, que xoga de defensa central no Real Zaragoza, da Segunda División.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Inicios (1993-2006)

[editar | editar a fonte]

Seu pai, Fernando Insua, fora futbolista e xogara co Bergantiños en Terceira División.[1] Pablo comezou a xogar ao fútbol sala en Arzúa e logo fichouno o Rosalía CF de Santiago de Compostela, a onde o levaba súa nai a adestrar e xogar. Militou catro anos no Rosalía, logo chamado CD Santiago Sar tras a fusión co Colexiata do Sar e logo Santiago de Compostela CF. En 2006 foi elixido mellor xogador sub-13 da Compostela Cup,[2] fichando a continuación polo Deportivo da Coruña.[3]

Deportivo da Coruña (2006-2017)

[editar | editar a fonte]

Categorías inferiores e Fabril (2006-2013)

[editar | editar a fonte]

Comezou a súa etapa no Deportivo no equipo infantil, pasando logo ao cadete e ao xuvenil e debutou con 16 anos no Fabril en Segunda División B fronte ao Lugo. Tito Ramallo converteuno nun fixo da aliñación esa tempada (2010/11), na que disputou 28 partidos, todos eles como titular, aínda que o equipo acabou descendendo a Terceira División.[1] O seu bo xogo fixo que esa mesma tempada o seu contrato fose renovado por catro anos máis.[4]

Xogou dúas tempadas máis no filial branquiazul e na segunda delas debutou ademais co primeiro equipo en partido oficial, nun partido de liga contra o Athletic de Bilbao no vello San Mamés (1–1). Á semana seguinte, coas baixas de Marchena e Zé Castro, José Luis Oltra colocouno como titular no choque de Copa contra o Mallorca, no que o Dépor empatou (0–0) e quedou eliminado.[5] Disputou dous partidos máis co primeiro equipo esa tempada, fronte a Atlético de Madrid e FC Barcelona, ambos como titular.

Primeiro equipo (2013-2015)

[editar | editar a fonte]

Na tempada 2013/14, xa como futbolista do primeiro equipo en Segunda División, converteuse nun titular indiscutible para o técnico Fernando Vázquez, e disputou 40 partidos durante a tempada, todos como titular. Marcou ademais tres goles e os dous primeiros, fronte a Las Palmas e Recreativo de Huelva, significaron cadansúas vitorias por 0-1.[6][7] O equipo logrou o ascenso directo tras acabar segundo por detrás do Eibar.[8] Ademais foi elixido mellor defensa da tempada de Segunda División na Gala dos Premios LFP, superando na votación a Yuri Berchiche (SD Eibar) e a Jean-Sylvain Babin (AD Alcorcón)[9] e renovou co club coruñés até 2018. [10]

Con todo, na tempada 2014/15 o seu rendemento baixou e non contou coa confianza dos técnicos Victor Fernández e Víctor Sánchez. Aínda así chegou a exercer como capitán nun partido de liga contra o Valencia.[1] Na tempada seguinte chegaron ao club Arribas, Fernando Navarro e Sidnei, mentres que Insua saíu cedido ao Leganés, de Segunda División.[11]

Cesións ao CD Leganés (2015-2017)

[editar | editar a fonte]

No club madrileño recuperou a titularidade, disputando dende o inicio 38 partidos, e foi un dos piares do equipo no ascenso á Primeira División.[12] No verán de 2016 o presidente do Deportivo Tino Fernández renovoulle o contrato ata 2020 e cedeuno de novo ao Leganés. Na súa segunda tempada en Leganés disputou 30 partidos e anotou un gol fronte ao Alavés en Mendizorrotza.[13] O equipo conseguiu o seu obxectivo de salvar a categoría.

Á súa volta á Coruña o club comunicoulle que o adestrador Pepe Mel non contaba con el e foi traspasado ao Schalke 04, da Bundesliga, nunha operación próxima aos 3.500.000 euros.[14][15]

Schalke 04 (2017-2020)

[editar | editar a fonte]

O seu paso polo fútbol alemán viuse condicionado pouco despois da súa chegada, ao ser diagnosticado cunha pleurite e posteriormente unha pericardite que impediron o seu debut ata marzo de 2018, cando, tras dez meses de baixa, xogou o seu primeiro e único partido na Bundesliga, fronte ao Wolfsburg.[16][17]

Cesións á SD Huesca (2018-2020)

[editar | editar a fonte]

No verán de 2018, xa recuperado da súa doenza cardíaca, foi cedido á SD Huesca, que se dispoñía a disputar a súa primeira tempada na Primeira División.[18] Con todo, en febreiro sufriu unha rotura do ligamento cruzado anterior do seu xeonllo esquerdo, dicindo adeus á campaña.[19] O equipo acabou descendendo a Segunda e o Schalke 04 volveuno ceder ao club oscense.[20] Tras recuperarse da grave lesión recuperou a titularidade nos últimos partidos da tempada, e contribuíu a un novo ascenso do equipo a Primeira.[21]

SD Huesca (2020-2022)

[editar | editar a fonte]

En agosto de 2020 a SD Huesca exerceu a opción de compra obrigatoria que tiña sobre o xogador en caso de ascenso a Primeira e Insua foi traspasado definitivamente ao club aragonés, no que levaba xogando dous anos como cedido.[21] Na tempada 2020/21 descendeu de novo a Segunda co Huesca, no que militou ata o verán de 2022. Disputou un total de 64 partidos co club aragonés.

Sporting de Gijón (2022-2024)

[editar | editar a fonte]

A continuación fichou polo Sporting de Gijón, tamén de Segunda, onde foi un fixo e unha peza clave nas aliñacións tanto de Abelardo como do seu sucesor no banco, Miguel Ángel Ramírez.[22] Na tempada 2022/23 formou parella de centrais case sempre co arxentino Izquierdoz, mentres que na seguinte fíxoo co tamén galego Róber Pier, acadando a promoción de ascenso a Primeira.[23] Nas súas dúas campañas en Xixón acumulou un total de 73 encontros, todos eles como titular, e anotou catro goles.

Granada (2024-2025)

[editar | editar a fonte]

En xuño de 2024, tras rematar o seu contrato co Sporting, decidiu non renovalo e aceptar no seu lugar a oferta do Granada, equipo que viña de descender a Segunda.[22] No equipo andaluz tivo un papel secundario, lastrado polas lesións, e só disputou 16 partidos, 12 deles como titular.[24]

Zaragoza (2025-)

[editar | editar a fonte]

No verán de 2025 fichou polo Zaragoza, tamén de Segunda.[24]

Selección nacional

[editar | editar a fonte]

Xogou na selección española sub-19, coa que se proclamou campión de Europa baixo a dirección de Julen Lopetegui.[25] Posteriormente xogou tamén na selección sub-20 e en 2013 foi convocado por Lopetegui para xogar dous partidos coa selección española sub-21,[26] aínda que finalmente foi desconvocado por mor dunha escordadura de nocello.[27]

  1. 1 2 3 Fernández, Xurxo (22 de outubro de 2014). "Pablo Insua: «...Y voy a ser el capitán» del Deportivo". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 12 de marzo de 2021.
  2. "El Villestro ganó en la categoría sub 9 de la Compostela Cup". La Voz de Galicia (en castelán). 9 de xullo de 2006. p. 50.
  3. "Pablo Insua: El deportivismo tiene que dejar de ser tibio con la cantera". El Correo Gallego (en castelán). 3 de xullo de 2017. Consultado o 12 de marzo de 2021.
  4. Ventureira, R.; Barreiros, P. (3 de decembro de 2010). "El juvenil que apunta al Deportivo". La Voz de Galicia (en castelán).
  5. Torrente, Pepe (27 de novembro de 2012). "Insua apunta a titular el jueves en Copa". Marca (en castelán). Consultado o 12 de marzo de 2021.
  6. Núñez, Alfonso (17 de agosto de 2013). "Un córner que vale tres puntos" (en castelán). Consultado o 12 de marzo de 2021.
  7. Piñeiro, Miguel (11 de novembro de 2013). "El Deportivo gana y convence en campo del Recreativo de Huelva". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 12 de marzo de 2021.
  8. "El Deportivo de La Coruña acompañará al Eibar a Primera" (en castelán). 31 de maio de 2014. Consultado o 12 de marzo de 2021.
  9. "Insua renova a súa vinculación co Deportivo ata 2018". 25 de marzo de 2014. Consultado o 12 de marzo de 2021.
  10. "Pablo Insua, 'Mejor Defensa de la Liga Adelante 2013-14'" (en castelán). 27 de outubro de 2014. Consultado o 12 de marzo de 2021.
  11. "Pablo Insua se marcha cedido al Leganés". La Voz de Galicia (en castelán). 15 de agosto de 2015. Consultado o 12 de marzo de 2021.
  12. "Pablo Insua, renovado y cedido" (en castelán). 15 de xullo de 2016. Consultado o 12 de marzo de 2021.
  13. "Un cabezazo de Insua salva un punto para el Leganés en Vitoria". La Voz de Galicia (en castelán). 21 de xaneiro de 2017. Consultado o 12 de marzo de 2021.
  14. Miranda, Carlos (30 de xuño de 2017). "El Dépor vende a Insua al Schalke 04". La Opinión A Coruña (en castelán). Consultado o 12 de marzo de 2021.
  15. "Pablo Insua, traspasado ao Schalke 04". 29 de xuño de 2017. Consultado o 12 de marzo de 2021.
  16. "Pablo Insua, de baja en el Schalke 04, pierde 8 kilos por una pericarditis" (en castelán). 31 de outubro de 2017. Consultado o 12 de marzo de 2021.
  17. "Insua debuta en la Bundesliga y deja atrás un calvario de diez meses". La Opinión A Coruña (en castelán). 18 de marzo de 2018. Consultado o 12 de marzo de 2021.
  18. Barluenga, Miguel (20 de xullo de 2018). "Pablo Insua, otro central para la SD Huesca" (en castelán). Consultado o 12 de marzo de 2021.
  19. "Insúa dice adiós a la temporada". Mundo Deportivo (en castelán). 11 de febreiro de 2019. Consultado o 12 de marzo de 2021.
  20. "Insua regresa al Huesca" (en castelán). 21 de agosto de 2019. Arquivado dende o orixinal o 24 de marzo de 2021. Consultado o 12 de marzo de 2021.
  21. 1 2 Puyuelo, Jorge (1 de agosto de 2020). "Huesca y Schalke hacen oficial el traspaso de Pablo Insua" (en castelán). Consultado o 12 de marzo de 2021.
  22. 1 2 Vigil Morán, Alejandro (16 de xuño de 2024). "La emotiva carta de despedida de Insua: «Siempre podré decir orgulloso que jugué en el Sporting, gracias afición, ojalá se ascienda pronto»" (en castelán). Consultado o 23 de xuño de 2024.
  23. Souto, Dani (22 de marzo de 2024). "El triángulo casi invencible del Sporting: Yáñez, Insua y Róber Pier" (en castelán). Consultado o 23 de xuño de 2024.
  24. 1 2 "Quién es Pablo Insua: así juega el nuevo central del Real Zaragoza" (en castelán). 26 de agosto de 2025. Consultado o 9 de setembro de 2025.
  25. "Pablo Insua, campeón de Europa sub-19" (en castelán). 16 de xullo de 2012. Consultado o 12 de marzo de 2021.
  26. "La sub-21 convoca a Insua, que no estará ante el Barça B" (en castelán). 6 de outubro de 2013. Consultado o 12 de marzo de 2021.
  27. "La Sub-21 desconvoca a Insua". La Opinión A Coruña (en castelán). 1 de setembro de 2014. Consultado o 12 de marzo de 2021.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]