Saltar ao contido

Lorenzo Milá

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaLorenzo Milá

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Lorenzo Milá Mencos Editar o valor en Wikidata
8 de outubro de 1960 Editar o valor en Wikidata (65 anos)
Esplugues de Llobregat Editar o valor en Wikidata
EducaciónFacultat de Ciències de la Comunicació - ciencias da comunicación (1983–1988) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpresentador de televisión, xornalista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1983 Editar o valor en Wikidata -
EmpregadorEurosport (1988–1989)
RTVE (1986, 1989–1988)
Diario Sport (1983–1986) Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeSagrario Ruiz de Apodaca (1998–) Editar o valor en Wikidata
FillosBruno, Nicolás, Alejandro Editar o valor en Wikidata
PaiJosé Luis Milà Sagnier Editar o valor en Wikidata
IrmánsMercedes Milá Mencos Editar o valor en Wikidata
ParentesAlfons Milà, tío
Miguel Milá, tío
Lluís Maria Milà i Sagnier, tío
Leopoldo Milà i Sagnier, tío
Leopoldo Milà, curmán entregue
Josep Maria Milà i Camps, avó
Josep Milà i Pi, bisavó Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm1071386 Twitter: lorenzomila Dialnet: 2613724 Editar o valor en Wikidata

Lorenzo Milá Mencos, nado o 8 de outubro de 1960 en Barcelona, é un xornalista catalán.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Licenciado en Ciencias da Información pola Universidade de Barcelona en 1988. É irmán da coñecida periodista e presentadora Mercedes Milá e está casado coa tamén xornalista Sagrario Ruiz de Apodaca, con quen ten tres fillos.

Actividade laboral

[editar | editar a fonte]

En 1983 comeza a súa traxectoria profesional no xornalismo deportivo, como redactor no diario Sport. En 1986 colabora en programas de TVE como El tiempo es oro, Juego de niños e Plató vacío.

En 1988 e 1989 vive en Londres traballando na canle de televisión ScreenSport (na actualidade Eurosport). Regresa a España, a TVE, onde desenvolve funcións de redactor no ámbito deportivo ata 1994. Durante eses catro anos traballa no centro territorial de Sant Cugat del Vallès e en 1993 presenta o programa de debate Al Grano.

En 1994 trasládase a Madrid para incorporarse ó acabado de nacer informativo nocturno de La 2, denominado La 2 noticias como redactor e presentador onde estaría ata setembro de 2003. Neste período o noticiario, coñecido por ser menos institucional que a maioría en España e cun estilo moi persoal, recibe numerosos premios. Substitúeo Fran Llorente, que era xa un rostro coñecida no espazo.

Desde setembro de 2003 ata setembro de 2004 incorpórase á delegación de TVE en Washington como correspondente adxunto para acompañar á súa muller, nomeada correspondente principal.

Regresa a España cando Carmen Caffarel, directora xeral de Televisión Española lle ofrece o posto de presentador do Telediario nocturno, esta vez na primeira canle de TVE. Ademais Fran Llorente, o que fora o seu compañeiro, convértese no director dos servizos informativos substituíndo a Alfredo Urdaci, con este telediario consegue ser o líder de audiencia superando mesmo ó informativo de Matías Prats e converténdoo no telediario máis visto da televisión

Premios e nomeamentos

[editar | editar a fonte]
PremioAnoCategoríaProgramaResultado
Antena de Ouro1997TelevisiónLa 2 noticiasGañador
Premio ATV2005Comunicador de Programas InformativosTelediarioNomeado
Premio ATV2004Comunicador de Programas InformativosTelediarioNomeado
Premio ATV2002Comunicador de Programas InformativosLa 2 noticiasGanador
TP de Ouro2006Mellor Presentador de InformativosTelediarioNomeado
TP de Ouro2005Mellor Presentador de InformativosTelediarioNomeado
TP de Ouro2004Mellor Presentador de InformativosTelediarioNomeado
TP de Ouro1997Mellor PresentadorLa 2 noticiasNomeado
TP de Ouro1996Mellor PresentadorLa 2 noticiasNomeado

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]