A cidade de Pigadia foi construída ao final dunha praia areosa de catro quilómetros. Existen restos dunha basílica cristiá dedicada a Agía Fotiní. Homero facía referencia a Karpatos como «a illa dos ventos».
Karpathos atópase ao suroeste de Rodas. Dunha lonxitude de 50km, Kárpathos ten entre 6 e 10km de ancho sendo pola súa superficie a segunda illa máis grande do Dodecaneso. É unha illa montañosa. A poboación principal de Karpathos é Pigadia que é así mesmo o porto principal da illa. O seu nome en grego antigo era Potideo ou Posidio.
A cordilleira escarpada do Kali-Limni (1215 m.) é, segundo a mitoloxía, o lugar de nacemento dos Titáns. Esta cordilleira divide a illa en dúas zonas, unha semidesértica e pouco poboada ao norte e outra ben irrigada e cunha maior densidade de poboación ao sur.