Gladius é a forma latina para espada; actualmente coñécese con ese nome a espada curta dos lexionarios romanos. Tiña as beiras rectas, con dous gumes, e uns 40–50cm de lonxitude de folla. Era moito máis unha arma de perforación que de corte, ou sexa, debía ser utilizada como un puñal, ou unha daga, no combate corpo a corpo. Dise que era capaz de perforar a maior parte das armaduras.
Tamén se chamou gladius hispaniensis, por ter sido inspirado en armas utilizadas polos celtiberos na época.
Na República e comezos da época imperial levábase no lado dereito, pero a partir do século II as espadas usadas pola infantaría fóronse alongando e cambiouse para o lado esquerdo. Non só os lexionarios eran adestrados polos doctores armorum na técnica do gladio, mais tamén os gladiadores.