Ferentino é unha cidade da provincia de Frosinone no Lacio, Italia. Situada a 65km ó sueste de Roma. Está localizada sobre un pequeno outeiro 400 metros sobre o nivel do mar.
Ferentinum era unha cidade de Hernici, foi capturada por Roma no 364 a.C.. Os seus habitantes foron cidadáns romanos ata o 195 a.C.. Estaba preto da Vía Latina e foi un lugar para a retención de reféns.
De 1198 ata o 1557 foi o centro do reitorado papal das provincias de Campagna e Marittima.
Ao rematar a segunda guerra mundial, Ferentino experimentou un forte crecemento industrial.