Saltar ao contido

Derry

Derry
 Nome orixinal
    Doire (ga) Editar o valor en Wikidata
 Nome oficial
    Londonderry (en) Editar o valor en Wikidata
Imaxe do escudo de armas
Imaxe
Fotomontaxe
Implicados
 Órgano lexislativo
Historia
 Acontecementos importantes
1689Siege of Derry (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Bañado por
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
   85.016 (2008) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   387 km² Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Código postalBT47 Editar o valor en Wikidata
VIAF141955584 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/02hgz Editar o valor en Wikidata
 Páxina WEB
Wikidata G:Commons C:Commons

Derry (denominación nacionalista), Londonderry (denominación unionista) ou Doire (denominación gaélica) é unha cidade de Irlanda do Norte. Está integrada na rexión do Ulster e no departamento de Derry County e constitúe a segunda cidade máis importante de Irlanda do Norte despois da capital Belfast e a cuarta da illa de Irlanda (República de Irlanda e Irlanda do Norte)

En 2001 a cidade tiña 83.652 habitantes, nunha conurbación de 200.000 persoas. Sitúase preto da costa, na fronteira coa República de Irlanda. A cidade está rexida por un concello chamado Derry City Council e ten un aeroporto, o Derry City Airport, xunto cun porto, o Londonderry Port. A cidade está atravesada polo río Foyle, e nas súas beiras albérgase a cidade. No lado oeste está o centro da cidade ou Foyle Side e na outra banda atópase Waterside. Existen dúas pontes que atravesan o río Foyle.

Durante o reinado de Carlos II, quen tentou restaurar os dereitos dos católicos, os irlandeses trataron de botar aos granxeiro escoceses protestantes que se instalaran nesas terras, pero estes resgardáronse na cidade de Derry ou Londonderry. Cando Carlos II foi destituído por Gillerme de Orange, os católicos irlandeses foron duramente castigados e privados de dereitos tales coma traballar nun servizo público, ou ter escolas católicas. Nin sequera podían mercar un cabalo que custase máis de 5 libras.

Dende ese momento produciuse na cidade unha división entre católicos defensores da República de Irlanda, e protestantes a favor da monarquía británica.

Así, o 30 de xaneiro de 1972 produciuse o chamado Domingo Sanguento (Bloody Sunday). Ese día morreron na cidade 13 homes e nenos non armados a causa dos disparos da forza paracaidista británica tras unha manifestación a favor dos Dereitos Civís para os católicos de Irlanda do Norte no barrio de Bogside. Na honra destas mortes creouse o Bloody Sunday Museum ou Free Derry Museum, e tamén hai visíbeis murais católicos e protestantes nas rúas de Derry.

[editar | editar a fonte]

A cidade aparece como escenario da acción na novela It de Stephen King.

Táboa climática de Derry
Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xul Ago Set Oct Nov Dec Anual
Media diaria de temperaturas máximas (°C) 10 10 11 12 14 17 18 19 17 15 11 11 13'75
Media diaria de temperaturas mínimas (°C) 0 0 2 3 5 8 10 10 9 6 4 1 4'8
Precipitacións (mm) 110 80 90 60 60 70 70 90 100 120 120 100 1070
Fonte: Yahoo! Weather
Guildhall

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]