Concellos de Galicia
| Concellos de Galicia | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| Wikidata |
En Galicia hai 313[1] concellos, que é a administración básica máis próxima á cidadanía. Deles 93 pertencen á provincia da Coruña, 67 á de Lugo, 92 á de Ourense, e 61 concellos están en Pontevedra. Desde 1989 están asociados na Federación Galega de Municipios e Provincias.
Con respecto aos demais concellos do Estado, os galegos son grandes en extensión e especialmente en poboación, pois só 21 teñen menos de 1000 habitantes (conforme o censo de 2011). Consecuentemente, a densidade de poboación de Galicia é maior cá media de España, máis especialmente na costa occidental.
O concello máis poboado é o de Vigo con 292 986 habitantes e o menos poboado o de Negueira de Muñiz con 219 habitantes no 2016. O concello máis extenso é o da Fonsagrada cunha superficie de 438,4 km² e o máis pequeno o de Mondariz Balneario con 2,3 km². A Coruña é o concello con maior densidade de poboación con 6449,32 hab./km² e Vilariño de Conso é o que ten menor densidade de poboación con 2,92 hab./km² no 2016.

Historia
[editar | editar a fonte]En xeral, a organización actual dos concellos obedece ao proxecto de organización territorial de España de 1822, logo confirmada na división territorial de España en 1833. Abandonouse a estrutura do antigo réxime e desapareceron concellos (por exemplo, o de Cereixa na actual Pobra do Brollón[2]), cando o territorio estaba organizado en xurisdicións, e adoptouse o modelo francés, que incluíu as provincias e os concellos.
Co tempo, algunhas vilas e cidades foron anexionando concellos limítrofes: Vigo absorbeu os municipios de Bouzas (1904), Teis e Lavadores (1941); A Coruña o concello de Oza en 1912; Ourense absorbeu Canedo en 1943; Santiago de Compostela anexionou Conxo (1925) e A Enfesta (1962); Pontevedra sumou Alba (1868), Salcedo e Mourente, Xeve (1944) e Ponte Sampaio (1960); Ferrol incluíu Serantes en 1940; Vilagarcía de Arousa sumou O Carril e Vilaxoán en 1913; Celanova anexionou Vilanova dos Infantes (1927) e Acevedo do Río (1967). En 1927 o concello de Moreiras integrouse no de Xinzo de Limia.
En 1835 o concello de Agolada creouse ao se xuntar o de Ventosa-Borraxeiros e mais o de Basadre.[3] En 1836 o concello de Rianxo absorbeu os de Asados e Taragoña[4]. En 1837 uníronse os concellos de Coutos de Vega e Oca, Viso, Codeseda e Vea con Tabeirós, dando lugar ao concello de Cereixo, con sede en Pernaviva, mais en 1841 o municipio mudou o seu nome polo da Estrada ao mudar a capital. En 1845 uníronse os concellos de Conforto e Miranda, creando o novo concello de Viloudriz. En 1853 o concello de Silleda tomou este nome ao mudarse a esta vila a capital desde Chapa. Entre 1840 e 1874 o concello do Incio tivo a súa capital en Rendar, con ese nome[5]. A finais do século XIX Caldas de Reis anexionou o concello de Saiar, e en 1904 o concello de Setados pasou a ter a capital nas Neves.
En 1916 un Real Decreto provocou o cambio de nome de quince concellos galegos, para evitar homonimias con outros de todo o Estado español.[6] É o caso de Oza (Oza dos Ríos), Paderne (Paderne de Allariz), Vilameá (Villameá de Ramiranes, Vilameá de Ramirás), Antas (Antas de Ulla), Campo (Campo Lameiro, O Campo Lameiro), Cea (San Cristóbal de Cea, San Cristovo de Cea), Malpica (Malpica de Bergantiños), Monforte (Monforte de Lemos), Salceda (Salceda de Caselas), Viana (Viana del Bollo, Viana do Bolo), Acevedo (Acebedo del Río, Acevedo do Río), Nogales (Los Nogales, As Nogais), Salvaterra (Salvaterra de Miño), Vilamartín (Villamartín de Valdeorras, Vilamartín de Valdeorras) e Vilanova dos Infantes (Vilanova).
En 1924 Mondariz Balneario constituíuse como concello de seu, independizándose do de Mondariz. Até 1925 o concello da Proba de Burón abrangueu os actuais municipios da Fonsagrada e Negueira de Muñiz. Nese mesmo ano Pontecesures independízase de Valga, e Rábade segregouse de Begonte. En 1926 creouse o concello de Ramirás ao se fusionaren Freás de Eiras con Vilameá de Ramirás.

En 1944 o concello de Carbia pasou a chamarse Vila de Cruces, ao pasar a este lugar a capitalidade, e en 1945 o concello de Trasparga pasou a chamarse Guitiriz. En 1950 o concello de Vilameá mudou o seu nome polo de Puente Nuevo, fusionándose á súa vez en 1963 con Viloudriz co nome da Pontenova. En 1952 Riobarba pasou a denominarse Vicedo, e desde 1983 O Vicedo. En 1960 o concello de Val do Dubra toma este nome ao mudarse alí a capital desde Buxán. En 1974 Neira de Xusá pasou a chamarse Baralla.
En xullo de 1982 as parroquias de Goente, Bermui, Espiñaredo, San Pedro de Eume, Ribadeume, A Faeira e Seoane, pasaron do concello da Capela ao das Pontes de García Rodríguez.
En 1988 o concello de Cariño segregouse de Ortigueira, En 1995 Burela separouse de Cervo, e en 1997 A Illa de Arousa independizouse de Vilanova de Arousa. No ano 2012 os concellos de Oza dos Ríos e Cesuras iniciaron un proceso de fusión, culminado en xuño de 2013 coa creación do concello de Oza Cesuras. O 22 de setembro de 2016 creouse o concello de Cerdedo Cotobade, formado pola fusión dos concellos de Cerdedo e Cotobade.[7]
Moitos dos concellos reciben o seu nome da cidade ou vila principal. Outros municipios mudaron a súa capital, polo que o topónimo do concello non se corresponde co lugar onde está a casa consistorial. Noutros casos o nome do concello non se corresponde co dunha entidade de poboación concreta, como no caso de Alfoz do Castrodouro ou O Saviñao.
Lista de concellos
[editar | editar a fonte](Véxase tamén Lista de concellos galegos por poboación)
Listas de concellos por provincias
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Galicia se queda con 313 concellos tras aprobar la fusión de Cerdedo-Cotobade
- ↑ II Festival científico do CSIC na Pobra do Brollón, conmemorando o bicentenario do concello
- ↑ Méndez, Luz (2016). Toponimia de Agolada. A Coruña: Real Academia Galega. p. 19. ISBN 978-84-946005-4-8.
- ↑ Óscar Reboiras (23 de xuño de 2013). "Cando Taragoña e Asados tamén eran municipios independentes". fotosderianxo.com.
- ↑ López Pombo, L. (20 de xullo de 2006). "Breves apuntes do concello de O Incio (II)". Galicia Digital.
- ↑ Méndez Fernández, Luz (2016). "Galicia no decreto de 1916". Boletín da Real Academia Galega (A Coruña) (377): 365–386.
- ↑ DECRETO 134/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba a fusión voluntaria dos municipios de Cerdedo e Cotobade e se constitúe o municipio de Cerdedo-Cotobade., DOG nº 197, de 17 de outubro de 2016.
- ↑ "Entidades Locales". ssweb.seap.minhap.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de agosto de 2021. Consultado o 25 de agosto de 2021.
- ↑ Rodríguez & Gaciño (1983), p. 165
- ↑ EFE/Alberto Martínez (20 de abril de 2009). "Santiso Miramontes, nuevo alcalde de Abegondo al prosperar la moción de censura". elcorreogallego.es (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 14 de xullo de 2015. Consultado o 9 de febreiro de 2026.
- ↑ Ramos, Rocío (17 de decembro de 2025). "Óscar Val fue elegido alcalde de Agolada con los votos de su grupo". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 17 de decembro de 2025.
- ↑ D., A. (16 de xuño de 2023). "Alfoz tendrá a su primera alcaldesa, la independiente Efigenia Maseda". El Progreso (en castelán). Consultado o 11 de agosto de 2023.
- ↑ Fernández, Laura (22 de xuño de 2018). "Cristina Cid toma el testigo de García en un cálido pleno". La Región (en castelán). Consultado o 21 de febreiro de 2019.
- ↑ Araújo, Emma (9 de abril de 2021). "Blas García toma posesión como alcalde de Ames anunciando continuidad, diálogo y trabajo". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 29 de maio de 2023.
- ↑ Redacción (26 de abril de 2019). "La dimisión de Villarino como alcalde de Amoeiro se hará efectiva el próximo lunes". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 4 de decembro de 2021.
- ↑ Varela, Suso (2023-06-17). "Día histórico en Antas de Ulla: Pilar García Porto, primera mujer y del PSOE que es elegida alcaldesa". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2023-07-26.
- ↑ Tébar, Roma (18 de xuño de 2014). "Horacio Gil será nuevo alcalde de Arbo: 'Lo piden los vecinos'". atlantico.net (en castelán). Consultado o 3 de novembro de 2023.
- ↑ Pinal, Sabela (24 de outubro de 2015). "Rodrigo Aparicio Santamaría: “Nuestro futuro está ligado a los sectores termal y agro-forestal"". laregion.es (en castelán). Consultado o 10 de febreiro de 2026.
- ↑ Acosta, Susana (24 de maio de 2011). "«Llegué, trabajé y gané»". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 10 de febreiro de 2026.
- ↑ Moure, Laura (2023-06-17). "O nacionalista Xoán Xesús Carril: novo alcalde de Arzúa". Ecos da Comarca (en castelán). Consultado o 2024-01-24.
- 1 2 3 4 5 Gago, Xosé; Placer, Laura (18 de xuño de 2023). "El PSdeG gobernará sobre 1,2 millones de gallegos, el PP a 667.000, y el BNG a 360.000". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 5 de novembro de 2023.
- ↑ López, Laura (6 de xuño de 2013). "Baleira ya tiene alcalde". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 24 de xaneiro de 2024.
- ↑ Región, La (2020-05-30). "Sandra Quintas Vázquez: “Me gustaría fomentar el orgullo de ser banduense"". La Región (en castelán). Consultado o 2020-05-31.
- ↑ P., O. (15 de xuño de 2023). "El socialista Pereira será alcalde de A Baña, con la nacionalista Mónica González como teniente de alcalde". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 10 de decembro de 2023.
- ↑ Andaluz, C. (2023-06-03). "Manuel Fernández, futuro alcalde de Baños de Molgas: «Hicimos una buena campaña recorriendo todos los pueblos y llegando a cada vecino»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2026-02-10.
- ↑ Seijo, Pepe (12 de xullo de 2019). "El regidor de Baralla se compromete a seguir el legado de su padre". cadenaser.com (en castelán). Consultado o 9 de febreiro de 2026.
- ↑ Miguel Ascón (13 de xuño de 2015). "El nuevo alcalde de Barbadás promete que desterrará las «políticas clientelares»". La Voz de Galicia.
- ↑ Cruz, José M. (1 de setembro de 2025). "Aurentino Alonso releva a Alfredo García en O Barco". laregion.es (en castelán). Consultado o 10 de febreiro de 2026.
- ↑ Ramallal, Xaime (16 de xuño de 2019). "Ana Ermida, alcaldesa de Barreiros: «Sodes vós, o pobo, quen ordenades»". La Voz de Galicia. Consultado o 17 de xuño de 2019.
- ↑ Redacción (7 de xuño de 2015). "Xosé Manuel Fernández Abraldes novo Alcalde do Concello de Barro". novasdebarro.com. Consultado o 8 de abril de 2017.
- ↑ Redacción (26 de Xuño de 2023). "Manuel Baltar recibe ao novo alcalde de Beade, Fernando Taboada". onoticieiro.gal (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 29 de abril de 2024. Consultado o 29 de abril de 2024.
- ↑ Abelairas, Bea (2008-05-23). "Alejandra Pérez Máquez será la nueva alcaldesa de Bergondo". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2026-02-10.
- ↑ Redacción (17 de xuño de 2023). "Estos son los alcaldes y alcaldesas de A Coruña y su área". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 5 de setembro de 2023.
- ↑ Redacción (1 de xuño de 2023). "Elecciones 28M en Ourense: estos son los resultados en los concellos de la provincia". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 24 de febreiro de 2026.
- ↑ Pinal, Sabela (2023-05-31). "Ana Patricia Torres: "O apoio dos veciños fixo que sexa a muller máis votada de Galicia"". La Región (en castelán). Consultado o 2026-02-24.
- ↑ Araújo, Emma (2016-05-20). "María Jesús Novo asume la alcaldía de Boimorto tras la renuncia de Concheiro". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2026-02-24.
- ↑ Blanco, M.X. (16 de xuño de 2019). "Martiño asume la alcaldía boirense con el reto de cumplir la demanda colectiva de transparencia". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 29 de xaneiro de 2024.
- ↑ Redacción (11 de xuño de 2023). "La independiente Teresa Barge será alcaldesa de A Bola gracias al Bloque". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 21 de febreiro de 2026.
- ↑ Redacción (23 de xuño de 2025). "O independente Miguel A. García toma posesión do seu cargo como alcalde do Bolo". O Sil. Consultado o 24 de febreiro de 2026.
- ↑ Araújo, Emma (30 de xaneiro de 2023). "Ovidio Rodeiro vuelve a la política local como candidato del PP de Boqueixón". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 24 de xuño de 2023.
- ↑ Redacción (16 de maio de 2023). "Bóveda. El popular Arias busca su séptimo mandato". elprogreso.es (en castelán). Consultado o 10 de marzo de 2026.
- ↑ Souto, Claudia (18 de setembro de 2020). "Pablo Lago sucede a Xosé Luís García en la alcaldía de Brión". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 25 de febreiro de 2026.
- ↑ Redacción (16 de xuño de 2007). "El nacionalista Félix Juncal recupera la alcaldía en un emotivo pleno". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 25 de febreiro de 2026.
- ↑ García, David (31 de maio de 2007). "Félix Juncal Novas, próximo alcalde do BNG del Concello de Bueu: "A nosa maioría absoluta non terá carácter absolutista"". farodevigo.es (en castelán). Consultado o 25 de febreiro de 2026.
- ↑ Felipe, Cristina L. (2023-06-18). ""Vou dalo todo por Burela"". El Progreso de Lugo (en castelán). Consultado o 2026-01-04.
- ↑ Oskar Viéitez (30 de decembro de 2024). "Jacobo Pérez toma posesión como alcalde de Caldas de Reis apoiado polos seus tres predecesores no cargo". Pontevedra Viva.
- ↑ Martínez, Sindo (28 de setembro de 2018). "El alcalde socialista de Calvos de Randín no descarta fichar por el PP". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 25 de febreiro de 2026.
- ↑ Rial, S-G. (22 de xaneiro de 2022). "Iba para alcalde de Muxía y ahora lo es de Cambados". La Voz de Galicia. Consultado o 25 de febreiro de 2026.
- ↑ Redacción (21 de abril de 2025). "O PP, con só catro edís de 21, gobernará Cambre ao non lograr o PSOE os apoios necesarios". Nós Diario. Consultado o 26 de febreiro de 2026.
- ↑ "Campo Lameiro". fegamp.gal. 10 de xaneiro de 2023. Consultado o 24 de xaneiro de 2023.
- ↑ Calvo, Juan (18 de xuño de 2023). "Araceli Gestido, nueva alcaldesa de Cangas" (en castelán). Consultado o 18 de novembro de 2023.
- ↑ Torres, Mónica (2019-06-14). "El PSOE logra la alcaldía de A Cañiza gracias a Ciudadanos". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2022-03-26.
- ↑ Redacción (22 de maio de 2023). "Luis Milia repite para seguir gobernando Carballeda de Avia". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 10 de marzo de 2026.
- ↑ Elixido alcalde de Cotobade en 2011 e 2015, e presidente da xestora en 2016
- ↑ Redacción (14 de marzo de 2026). "El socialista Manuel Rodríguez deja la alcaldía de Coles después de 19 años". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 14 de marzo de 2026.
- ↑ Uz, Carmen; Freire, José Manuel (6 de maio de 2026 [actualizado 7 de maio de 2026]). "Aprobada la moción de censura en el Concello de Lugo: Reigosa dice sí y Candia se convierte en alcaldesa". elprogreso.es (en castelán). Consultado o 7 de maio de 2026.
- ↑ "La moción de censura de Lugo, en directo: Elena Candia se convertirá en alcaldesa tras 27 años de gobiernos socialistas". lavozdegalicia.es. 7 de maio de 2026. Consultado o 7 de maio de 2026.
- ↑ "Rexistro de Entidades Locais". Arquivado dende o orixinal o 25 de agosto de 2021. Consultado o 25 de agosto de 2021.
- ↑ Montero, Carlos L. (5 de setembro de 2025). "El socialista Germán García-Ávila, nuevo alcalde de Viana do Bolo tras prosperar la moción de censura contra Andrés Montesinos". laregion.es (en castelán). Consultado o 30 de setembro de 2025.
- ↑ Montero, Carlos L. (5 de setembro de 2025). "El socialista Germán García-Ávila, nuevo alcalde de Viana do Bolo tras prosperar la moción de censura contra Andrés Montesinos". laregion.es (en castelán). Consultado o 30 de setembro de 2025.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibiografía
[editar | editar a fonte]- Rodríguez, Carlos Luis; Gaciño, José Antonio (1983). Elecciones municipales (en castelán). A Coruña: La Voz de Galicia. ISBN 84-85287-31-2.