Antiquísima cidade universitaria (oficialmente dende 1088), acolle numerosos estudantes que enriquecen e animan a súa vida cultural e social. Coñecida polas súas torres e os longos pórticos, posúe un centro histórico ben conservado (entre os máis extensos de Italia), grazas a unha atenta política de conservación e restauración posta en práctica dende finais dos anos 60 do século pasado, establecida para solucionar os estragamentos urbanísticos de finais do século XIX e as destrucións bélicas.
Boloña é un importante nó de comunicacións de estradas e ferroviario do norte de Italia, relevante polo feiral e área na que residen importantes industrias mecánicas, electrónicas e alimentarias. É sede de importantes institucións culturais, económicas e políticas.