Alan J. Pakula
(1990) | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (en) Alan Jay Pakula 7 de abril de 1928 Bronx |
| Morte | 19 de novembro de 1998 Melville |
| Causa da morte | morte accidental, accidente de tráfico |
| Lugar de sepultura | Green River Cemetery (en) |
| ← Roberto Rossellini – Françoise Sagan → | |
| Datos persoais | |
| Educación | Universidade Yale |
| Actividade | |
| Ocupación | director de cinema, produtor, guionista, guionista de cinema, escritor, realizador, produtor de cinema |
| Familia | |
| Cónxuxe | Hope Lange (1963–1971) Hannah Pakula |
| Premios | |
Alan Jay Pakula, nado en Nova York o 7 de abril de 1928 e finado en Melville (Nova York) o 19 de novembro de 1998 foi un director, guionista e produtor cinematográfico estadounidense.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Pakula naceu no Bronk, de pais de orixe xudía polaca, Jeanette Goldstein e Paul Pakula.[1] Comezou a súa carreira en Hollywood como axudante no departamento de animación en Warner Brothers. En 1957 levou a cabo a súa primeira produción para Paramount Pictures e en 1962 produciu To Kill a Mockingbird, que lle valeu unha candidatura ao Oscar ao mellor filme.
O seu primeiro filme como director foi The Sterile Cuckoo (1969), con Liza Minnelli.[2] Nos seguintes anos logrou éxitos con filmes coma Klute, Tódolos homes do presidente ou Sophie's Choice.
Pakula faleceu en 1995 nun accidente de tráfico na Long Island Expressway: un condutor diante del golpeou un tubo metálico que atravesou o parabrisas de Pakula dándolle na cabeza e causando que saíse da estrada cara a un valo, falecendo instantaneamente.[3]
Filmografía
[editar | editar a fonte]| Ano | Título |
|---|---|
| 1969 | The Sterile Cuckoo |
| 1971 | Klute |
| 1973 | Love and Pain and the Whole Damn Thing |
| 1974 | The Parallax View |
| 1976 | Tódolos homes do presidente |
| 1978 | Comes a Horseman |
| 1979 | Starting Over |
| 1981 | Rollover |
| 1982 | Sophie's Choice |
| 1986 | Dream Lover |
| 1987 | Orphans |
| 1989 | See You in the Morning |
| 1990 | Presunto inocente |
| 1992 | Consenting Adults |
| 1993 | O informe pelicano |
| 1997 | The Devil's Own |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Filmreference.com (ed.). "Alan Pakula Biography". Consultado o 8 de novembro de 2013.
- ↑ Canby, Vincent (23 de outubro de 1969). "The Sterile Cuckoo (1969) Screen: 'The Sterile Cuckoo,' Old-Style TV Drama". The New York Times.
- ↑ Sterngold, James (20 de novembro de 1998). The New York Times, ed. "Alan J. Pakula, Film Director, Dies at 70". Consultado o 17 de marzo de 2009.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Alan J. Pakula |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Alan J. Pakula na IMDb (en inglés).
- Alan J PakulaArquivado 25 de abril de 2016 en Wayback Machine. – Daily Telegraph (obituario)
- Ensaio "The Pakula Parallax"
- Documentos de Alan J. Pakula, Margaret Herrick Library, Academy of Motion Picture Arts and Sciences