O adopcionismo foi unha doutrina relixiosa segundo a cal Xesús Cristo era un simple ser humano, elevado a unha dignidade semellante á de Deus despois da súa morte, momento no que foi adoptado por Deus. O adopcionismo é propio do pensamento cristián primitivo.
As súas orixes veñen da tradición xudía, no que o mesías era un ser humano elixido por Deus para elevar o pobo xudeu por riba do resto dos pobos, e da tradición grega na que existían heroes elevados á condición divina por medio da apoteose logo de extraordinarias fazañas. O adopcionismo foi condenado nos concilios de Nicea (325) e Calcedonia (381).