Saltar ao contido

Portada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Artigo destacado

Siméon ou Timeone Riro ʻa Kāinga Rokoroko He Tau, nado en Mataveri (Illa de Pascua) en data descoñecida e finado en Valparaíso no ano 1898 ou 1899, foi o derradeiro ‘ariki (rei) de Rapa Nui (a Illa de Pascua) dende 1892 até a súa morte. Gobernou a illa durante un breve período de autonomía indíxena entre a anexión inicial de Chile en 1888 e a reafirmación do país da autoridade colonial en 1896. Riro morreu inesperadamente durante unha viaxe diplomática a Chile para discutir a soberanía da illa coas autoridades coloniais, o que levou a sospeitar que foi envelenado.

En 2006, a presidenta chilena Michelle Bachelet retornou os restos de Riro á Illa de Pascua, onde se erixiu un busto na súa honra. O seu neto, Valentino Riroroko Tuki, proclamouse rei tradicional da illa en 2011.

Sobre Galicia

Salvador de Madariaga Rojo, nado na Coruña o 23 de xullo de 1886 e finado en Locarno (Suíza) o 14 de decembro de 1978, foi un diplomático, escritor, historiador e pacifista galego. Durante a Segunda República Española foi ministro de Instrución Pública e de Xustiza en 1934. De pensamento liberal e europeísta, logo do inicio da guerra civil española exiliouse no Reino Unido. Durante a Guerra Fría foi un activo militante en contra do comunismo soviético, así como un opositor da ditadura franquista; só retornou a España logo da morte de Franco. Membro de número da Real Academia Española e a Real Academia de Ciencias Morais e Políticas, como escritor cultivou diversos xéneros: ensaio histórico e político, crítica literaria, novela, biografía ou poesía, entre outros. Foi nomeado en ata nove ocasións ao Premio Nobel da Paz: 1930, 1936, 1952 (6 nomeamentos distintos ese mesmo ano) e 1965 e en cinco ocasións ao Premio Nobel de Literatura (1952, 1963, 1971, 1973 e 1974), aínda que non o gañou en ningún deles. Foi un dos cofundadores, en 1949, do Colexio de Europa.

Tal día coma hoxe no ano...

Imaxe do día

Presentación

A Wikipedia é unha enciclopedia universal en liña multilingüe, colaborativa e gratuíta. O propósito da Wikipedia é fornecer un contido libre, obxectivo e verificable que todas as persoas poidan editar e mellorar.

O proxecto está baseado en cinco principios básicos, todo o contido está dispoñible baixo a licenza Creative Commons BY-SA e pode ser copiado e reutilizado baixo esta mesma licenza.

Participación

Podes consultar a Axuda e a Guía para obter máis información de como participar, nas que atoparás información de como comezar a colaborar, editar artigos e usar imaxes libres. En caso de dúbidas síntete libre de preguntar.

Comunidade

De acordo coas nosas estatísticas, temos un total de 170468 contas de usuario rexistradas na Galipedia, e entre elas 488 estiveron activas durante o último mes. Todas as persoas que editan a Galipedia son voluntarias, integrando unha comunidade colaborativa e coordinando os esforzos por medio de proxectos temáticos e diversos espazos de conversa.
Meta-Wiki
Meta-Wiki

Meta-Wiki
Coordinación

Wikimedia Commons
Wikimedia Commons

Commons
Multimedia

Wiktionary
Wiktionary

Galizionario
Dicionario

Wikibooks
Wikibooks

Galilibros
Libros

Wikisource
Wikisource

Galifontes
Documentos

Wikiquote
Wikiquote

Galicitas
Citas

Wikispecies
Wikispecies

Wikispecies
Especies

Wikinews
Wikinews

Wikinews
Novas

Wikiversity
Wikiversity

Wikiversity
Aprendizaxe

Wikivoyage
Wikivoyage

Wikivoyage
Viaxes

Wikidata
Wikidata

Wikidata
Datos

MediaWiki
MediaWiki

MediaWiki
Desenvolvemento